No Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 7 de xaneiro de 2019, publicouse a Resolución do 10 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
No punto cuarto da resolución establécense os créditos dispoñibles, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.
Tendo en conta o elevado número de solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria, cun notable incremento na base subvencionable solicitada e de proxectos que resultaron favorables tras o informe de todas as solicitudes, precísase un incremento de crédito para atender todas as que contan con informe favorable.
Permite o incremento de crédito a existencia de créditos incluídos no mesmo programa (Galicia Exporta Organismos Intermedios, Galicia Exporta Empresas e Foexga), de exercicio corrente e futuros, circunstancia recollida no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009.
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Artigo único. Ampliar en 651.695,27 €, para o exercicio 2019, e en 910.986,43 €, para o exercicio 2020, o crédito establecido na partida orzamentaria 09.A1.741A.7708, das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que queda establecido do seguinte xeito:
Partida orzamentaria |
Orzamento 2019 |
Orzamento 2020 |
Total |
09.A1.741A.7708 |
1.451.695,27 € |
6.110.986,43 € |
7.562.681,70 € |
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica