Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente SC-18396 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes, debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 23 de xullo de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento de aboamento ou reintegro de prestacións

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

SC-18396

52459327F

Resolución de aboamento de cantidades

6.5.2019

CO-29089

34887536D

Resolución de aboamento de cantidades

27.5.2019