Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-26738 e catro máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 3 de xullo de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-26738

35918756R

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

8.4.2019

BS210A/VI-40286

36007341J

Resolución por falecemento e arquivamento

11.3.2019

BS210A/VI-40615

35176837Q

Resolución por falecemento e arquivamento

11.3.2019

BS210A/VI-49043

33194606V

Resolución por falecemento e arquivamento

7.5.2019

BS210A/PO-53344

Y2300184Z

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

10.5.2019