Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do acordo de resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C/2019/14-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución do expediente sancionador en materia de solo e rehabilitación urbana (certificación enerxética), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 1 de agosto de 2019

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2019/14-4.

Persoa interesada:

DNI: 35254449A.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.