Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 97/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 97/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Gómez Fabello contra María Cruz Aragunde Chaves, sobre ordinario, se ditou o Auto en que se despacha execución do 18 de xullo de 2019, impugnable en reposición, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a María Cruz Aragunde Chaves, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza