Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 9 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150073004 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaranselles os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírteselles que, no caso de non compareceren, se considerarán notificadas para todos os efectos.

Advírteselles que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada de conformidade co dito requirimento, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 9 de xullo de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

33248904N

150073004

23.5.2019

Requirimento de documentación

52930277D

150048105

18.2.2019

Requirimento de documentación

34288102R

150018819

31.5.2019

Requirimento de documentación

32760970T

150018619

31.5.2019

Requirimento de documentación

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

45954304M

150075405

18.6.2019

Requirimento de documentación