Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente SAI AE 2019/24 (RAE15014039-RAE15014040-RAE15014041).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puideran practicarse se farán por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido ao interesado que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase o interesado que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 31 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI AE 2019/24 (RAE15014039-RAE15014040-RAE15014041).

Interesado/a: C.P. San Pedro de Mezonzo, 2.

NIF: H15794746.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.