Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019398AL-PO por infracción en materia sanitaria.

O 5 de xullo de 2019, a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019398AL-PO contra a persoa titular do DNI 36035284B.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica á persoa titular do DNI 36035284B o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 30 de xullo de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2019398AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 36035284B.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

Artigo 5 do Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro galego sanitario de empresas e establecementos alimentarios.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios: artigos 3 e 5, e anexo II, capítulo VII.

Real decreto 140/2003 polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1, parágrafo 8, e outra tipificada como grave no artigo 51.2, parágrafo 18, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cinco mil douscentos un euros (5.201,00 €).