|
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela.
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45232150-8.
4. Código NUTS da localización principal das obras: ES112 Cospeito (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de infraestruturas básicas hidráulicas no Concello de Cospeito, 3ª fase, Cospeito (Lugo).
Clave do expediente: OH.227.666.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 661.157,02 euros. Importe total: 799.999,99 euros.
8. Valor estimado do contrato: 661.157,02 euros.
9. Prazo de execución do contrato: once (11) meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: realizarase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das ofertas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 24 de maio de 2019.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 24.
12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 17.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 10 de xuño de 2019.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Proyecon Galicia, S.A.
14.2. NIF: A32032039.
14.3. Enderezo: parque empresarial do Pereiro de Aguiar, parcela 30, 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense).
14.4. Código NUTS: ES113.
14.5. Teléfono: 988 51 94 14.
14.6. Fax: 988 51 94 18.
14.7. Correo electrónico: licitaciones@proyecon.com
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 488.885,00 euros. Importe total: 591.550,85 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase no Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais»; submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.
O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación nun 7,50 %.
17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela.
17.4. Código postal: 15706.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 28 de decembro de 2018.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 24 de maio de 2019.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 20 de xuño de 2019.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia