|
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela.
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.
1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/.
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código NUTS da localización principal das obras: ES111 Pontedeume (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume, fase I, Pontedeume (A Coruña).
Clave do expediente: OH.315.1159.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 141.650,15 euros. Importe total: 171.396,68 euros.
8. Valor estimado do contrato: 155.815,17 euros. Inclúe o referido importe do orzamento base de licitación sen IVE e o importe da eventual variación no número de unidades de execución indicado no cadro de características do contrato de conformidade co disposto no artigo 309.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
9. Prazo de execución do contrato: dezaoito (18) meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), análise do proxecto da obra (ponderación 21 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 20 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 10 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 27 de maio de 2019.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 14.
12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 5.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 21 de xuño de 2019.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.
14.2. NIF: B32129504.
14.3. Enderezo: rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 1-1º. 32004 Ourense.
14.4. Código NUTS: ES113.
14.5. Teléfono: 988 22 89 52.
14.6. Fax: 988 25 41 71.
14.7. Correo electrónico: diagrama@diagramaingenieria.com.
14.8. Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 101.280,00 euros. Importe total: 122.548,80 euros.
16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase no programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): «Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas»; operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo». Unha maneira de facer Europa.
Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela.
17.4. Código postal: 15706.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.
17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 18 de outubro de 2018.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 27 de maio de 2019.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 2 de xullo de 2019.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia