Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o cemiterio.

Mediante a Resolución de Alcaldía 238/2019, do 25 de xuño, foi aprobado inicialmente o Plan especial de infrastruturas e dotacións para o cemiterio, presentado por Sergio Lucio Paniccia Mahieu en representación de Ciprés Future, S.L.

De conformidade co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública para que, durante o prazo de dous meses contados a partir da última das publicacións no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, as persoas interesadas examinen o expediente na Secretaría do concello e formulen as alegacións que xulguen pertinentes.

Corcubión, 16 de xullo de 2019

Manuel Insua Insua
Alcalde