Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/001284).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de xullo de 2019, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle da fachada costeira de Razo, previsto no Plan xeral de ordenación municipal, que ten como obxectivos o axuste das aliñacións e a regulación de criterios compositivos e estéticos non regulados polo planeamento xeral para a recuperación paisaxística no fronte do litoral de Arnados, promovido polo Concello de Carballo, segundo a documentación técnica presentada con data do 3 de xuño de 2019 e asinada dixitalmente polos arquitectos Iria Pérez Miranda (col. 3194 COAG); Miguel Ángel Abad Blanco (col. 1877 COAG); Antonio Deus Álvarez (col. 1875 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (col. 3877 COAG).

O que se somete a información pública polo prazo dun mes en cumprimento dos artigos 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 194 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o seu enderezo.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na Oficina Técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón http://www.carballo.org/media/documentos/estudo_detalle_razo_completo.pdf

Carballo, 15 de xullo de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde