Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 22 de xullo de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-01176-O-2018 e un máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador LU-01176-O-2018 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01176-O-2018

1037-HTM

34883237B

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola cal as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

12.8.2018; 8.00; LU-P-1510; 1,5

Artigo 60.a) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

2.001 euros

PO-03508-O-2018

C-2618-BS

Y4272340N

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

7.5.2018; 13.42; N-550; 95,0

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 euros