Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se extingue unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: granxa de porcas reprodutoras no
Agro-Trasalba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Expediente: 2007/0071_NAA/IPPC

Localización: concello de Amoeiro (Ourense)

Data da resolución: 28.6.2019

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático