Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/2195-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comision de Asistencia Xurídica Gratuita de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 9 de xullo de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2019/2195-2

Francisco Montero da Silva

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2196-2

Andreína Pérez Cabezas

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2211-2

Comunidade Propietarios Ramón Berberide, núm. 5, Lugo

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2217-2

Susana Pena Luaces

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2221-2

Eleuterio León Sánchez Osoria

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2251-2

Gustavo Lorenzo Fernández

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2277-2

Marc Moreira Vilarín

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2299-2

Eladio Busto Vilas

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2365-2

Santiago de Cañete Izquierdo

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2500-2

Eliana Gonçalves dos Santos

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2533-2

Javier Amado Bermúdez

Estimatoria do dereito

PR204A2019/2548-2

Ángel Romero dos Anjos

Estimatoria do dereito