Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018527AM-PO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018527AM-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á persoa titular co documento de identificación 36055932M.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2018527AM-PO.

Documento de identificación: 36055932M.

Último enderezo coñecido: rúa Elduayen, 10, 36202 Vigo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 2.404,06 €.