Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36272

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de xullo de 2019 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante Orde do 22 de febreiro de 2017 (DOG do 10 de marzo), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que «son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o ou a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo Consello de Goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade».

O artigo 77.3 da citada Lei 6/2013 establece que «a representación dos intereses sociais no Consello Social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do Consello Social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades».

Con data do 17 de xullo de 2019 o Consello Social da Universidade da Coruña comunica á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que o Consello de Goberno da Universidade da Coruña na sesión do 26 de xuño de 2019 acordou aprobar a designación dos seguintes membros:

– Carmela Carrillo García como representante do alumnado no Consello Social, en substitución de Carlos Nogueira Souto.

– María José Parga Massa como representante do persoal de administración e servizos, en substitución de Xosé M. Portela Fernández.

– Jesús Javier Celemín Santos, como representante do Concello da Coruña no Consello Social, en substitución de José Manuel Sande García.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade de cada un dos novos membros.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que «os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería».

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a Carmela Carrillo García, como membro do Consello Social da Universidade da Coruña, en representación do estudantado, en substitución, por finalización de mandato, de Carlos Nogueira Souto.

Artigo 2

Nomear a María José Parga Massa, como membro do Consello Social da Universidade da Coruña, en representación do persoal de administración e servizos, en substitución, por finalización de mandato, de Xosé M. Portela Fernández.

Artigo 3

Nomear a Jesús Javier Celemín Santos, como representante do Concello da Coruña, no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución, por cambio na corporación municipal de José Manuel Sande García.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional