Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 11 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D, competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración; avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de xullo de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº de expediente

Resolución: data

26555540Q

BS626F15017004717

Desestimación: 23.5.2019

76408341H

BS626F15022001417

Inadmisión: 9.4.2019

47437719N

BS626F15030009415

Desestimación: 7.5.2019

32738410A

BS626F15036023717

Inadmisión: 9.4.2019

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº de expediente

Resolución: data

79325961L

BS618D15023000318

Desestimación: 5.7.2019

X7036735T

BS618D15030009817

Desestimación: 29.4.2019