Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36182

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1544/2019-CON).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1544/2019-CON desta sección, seguido por instancia do Concello de Miño (A Coruña), María del Pilar Sánchez Gabín contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Hotel Los Ángeles Betanzos, S.L., Ministerio de Educación, Cultura e Deporte sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos, sen entrar no fondo por no caber recurso contra a sentenza de instancia, os recursos de suplicación interpostos polo Concello de Miño e por María del Pilar Sánchez Gabín fronte á sentenza do 4 de outubro de 2018 do Xulgado do Social número 4 da Coruña (autos número 171/2015), que declaramos firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano del.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hotel Los Ángeles Betanzos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza