Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36127

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de xullo de 2019 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas artísticas superiores de música Galival Music, en Valga.

A representante de Galival Music, S.L., solicita autorización de apertura e funcionamento do centro privado superior de ensinanzas artísticas Galival Music, de Valga, para impartir as ensinanzas superiores de música, nas especialidades de composición, dirección, interpretación, musicoloxía, pedagoxía e produción e xestión, de conformidade co Decreto 163/2015, do 29 de outubro (DOG do 16 de novembro) e co Decreto 171/2016, do 24 de novembro (DOG do 12 de decembro), que establecen os plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores de música nestas especialidades.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, que establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, e o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, regula o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas. Estes trámites preceptivos iniciáronse na Xefatura Territorial de Pontevedra, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das ditas ensinanzas.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización

Autorizar a apertura e funcionamento do centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas superiores de música (Cemu Superior).

Denominación específica: Galival Music.

Código do centro: 36025050.

Enderezo: Auditorio Municipal, 1 A (lugar de Ferreirós).

Localidade: Cordeiro (Santa Comba).

Código postal: 36647.

Concello: Valga.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Galival Music, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Ensinanzas artísticas superiores de música, nas especialidades de:

• Composición.

• Dirección.

• Interpretación.

• Musicoloxía.

• Pedagoxía.

• Produción e xestión.

Total de postos escolares: 120.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional