Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases e convocatoria do proceso selectivo para o acceso de catro axentes de mobilidade a catro prazas de policía local.

No BOP de Lugo número 166, do 20 de xullo de 2019, publicouse o Decreto 19005554, do 24 de xuño de 2019, relativo á convocatoria e ás bases específicas que rexerán o proceso selectivo para o acceso de catro axentes de mobilidade do Concello de Lugo ao corpo da policía local de Lugo.

– Denominación das prazas: policía local.

– Grupo de titulación: grupo C; subgrupo C1; escala, administración especial; subescala, servizos especiais; clase, policía local e auxiliares; categoría, policía.

– Número de prazas: catro (4).

– Proceso selectivo: concurso-oposición, de acordo co previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 23 de xullo de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 19005684, do 1 de xullo de 2019,
modificado polo Decreto 19005695, do 3 de xullo de 2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza:
Economía e Recursos Humanos