Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 119/2019).

Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 119/2019, por instancia de Mª Jesús Ponte Senín, contra o executado José Manuel Mallo Liñares, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 12.7.2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 6.798,84 euros de principal, máis 851,24 euros en concepto de xuros de mora, máis 765 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas; insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no diario ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza