Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 370/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 370/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Manuel Formoso Senande contra Servipertu, S.L.U., Amil Lago Servicios Generales, S.L., Fuertes Servicios e Limco, Sociedade Cooperativa Galega, coa intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a Sentenza 365/2019, do 1 de xullo, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limco, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza