Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1325/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1325/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noema Pedros Barreiros contra Monet Reunidos, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza 353/2019, do 26 de xuño, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Monet Reunidos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza