Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35654

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2019 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estruturas a Aitor Baldomir García.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de maio de 2019 (BOE do 31 de maio), para a provisión da praza número 19/028 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estruturas, departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas desta universidade, a favor de Aitor Baldomir García, con DNI núm. ***1488**, e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Aitor Baldomir García profesor titular de universidade da área de coñecemento de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estruturas, departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas desta universidade.

Este nomeamento, producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, para estes efectos o mes de agosto será inhábil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE de 2 de outubro).

A Coruña, 26 de xullo de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña