Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de taboleiros e a coxeración asociada de Cogeneración del Noroeste, S.L., en Santiago de Compostela. Titular: Financiera Maderera, S.A. (expediente 2018-IPPC-M-118).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión da autorización ambiental integrada.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) establecen o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada por Financiera Maderera, S.A. para a revisión da autorización ambiental integrada do centro de Santiago de Compostela, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Poderase acceder a esta documentación nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sustentabilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-IPPC-M-118.

Autorización ambiental integrada: 2006/0376_NAA/IPPC_107.

Categoría principal da instalación: 6.3.

Categoría secundaria da instalación: 1.1 b).

Titular: Financiera Maderera, S.A. (A15005499).

Empresa asociada: Cogeneración del Noroeste, S.L. (B15761612).

Dirección do titular: estrada A Coruña-Tui, km 57, 15884 Santiago de Compostela, A Coruña.

Localización da instalación: N-550, km 57, Santiago de Compostela.

Actividade principal: fabricación de taboleiros de madeira.

Actividade secundaria: produción e distribución de enerxía eléctrica, vapor e auga quente.

Descrición: a planta fabrica taboleiros de madeira e de aglomerado de partículas a partir de diversos tipos de madeira (madeira en rolo de pino, serraduras, achas, madeira de 2º uso) e mobles e compoñentes. O principal proceso na fabricación de táboas é o serrado. Os procesos principais na fabricación de taboleiros de aglomerados de partículas son: achado, cribado, secado e clasificación, encolado, corte e lixado e recubrimento con papel decorativo ou con papel impregnado. Para a fabricación de mobles e compoñentes os procesos principais son o despece e canteado e a embalaxe.

A instalación conta cunha serie de instalacións térmicas que producen a calor e enerxía necesarias para o proceso, entre elas unha planta de coxeración de Cogeneración del Noroeste, S.L.

Verteduras:

– Augas residuais industriais: non se efectúa vertedura ao dominio público, xa que son reincorporadas ao proceso industrial.

– Augas residuais sanitarias: son vertidas á rede municipal con depuración posterior na estación depuradora de aguas residuais municipal.

– Augas residuais pluviais: son vertidas ao dominio público.