De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de explotación de vacún de leite na parroquia de Mezonzo, no concello de Vilasantar (A Coruña), promovido por SAT Chao Mezonzo 1189 Xuga.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático