Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada para o centro de tratamento de residuos que Recuperaciones Ecolex, S.L. posúe no concello de Padrón, provincia da Coruña (expediente 2017-IPPC-I-132).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 do decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

• Proxecto básico para a solicitude de autorización ambiental integrada para o centro de tratamento de residuos de Recuperaciones Ecolex, S.L.

• Promotora: Recuperaciones Ecolex, S.L.

• Localización: Parque Empresarial de Pazos, parcela 69, 15917 Padrón (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará a disposición dos administrados:

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

Maria Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumen

Clave do expediente: 2017-IPPC-I-132.

Peticionaria: Recuperaciones Ecolex, S.L.

NIF: B70023510.

Dirección social e localización da instalación: Parque Empresarial de Pazos, parcela 69, 15917 Padrón (A Coruña).

Coordenadas UTM (Fuso 29, Datum ETRS89): X: 528056, Y: 4734250.

Actividade: englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; categorías 5.1.c), 5.1.d) y 5.6.

5. Xestión de residuos.

5.1. Instalacións para a valorización ou eliminación de residuos perigosos, cunha capacidade de máis de 10 toneladas por día que realicen unha ou máis das seguintes actividades:

c) Combinación ou mestura previas ás operacións mencionadas nos apartados 5.1 y 5.2.

d) Reenvasamento previo a calquera das operacións mencionadas nos apartados 5.1 y 5.2.

5.6. Almacenamento temporal dos residuos perigosos non incluídos no apartado 5.5 en espera da aplicación dalgún dos tratamentos mencionados no apartado 5.1, 5.2, 5.5 y 5.7, cunha capacidade total superior a 50 toneladas, excluíndo o almacenamento temporal, pendente de recollida, no sitio onde o residuo é xerado.

Descrición: a actividade de Ecolex consiste, por un lado, na valorización e por outro, no almacenamento de certos residuos.

Ecolex dispón, para as súas instalacións de Padrón, de autorizacións de valorización e almacenamento, tanto de residuos perigosos como de non perigosos, outorgadas. A empresa pretende instaurar unha nova liña que incorpora un proceso de fundición. Así, o conxunto de liñas que conformarán a súa actividade serán:

– Liña 1: valorización de residuos sólidos mediante triturado e lavado.

– Liña 2: valorización de residuos líquidos mediante electrólise e evaporación.

– Liña 3: valorización de envases.

– Liña 4: valorización de residuos non perigosos e perigosos.

– Liña 5: almacén de residuos perigosos.

– Liña 6: fundición.

Para o desenvolvemento das actividades de valorización de residuos descritas anteriormente, a Planta de Reparacións Ecolex cuenta coas seguintes instalacións principais:

– Nave actual: situada nunha parcela de aproximadamente 1.840 m2, conta cunha zona exterior totalmente urbanizada e unha nave industrial de 1.068 m2.

– Nova nave: situada na parcela anexa á actual, conta con aproximadamente 1.840 m2, destacándose a construción dun porto para a descarga de camións, e unha nave industrial de 1.132 m2 construídos en planta.