Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35647

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área de Ferrol da Asociación Gallega de Transplantes Airiños e da Asociación Galega de Lupus Agal.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018, pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes da área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol das seguintes asociacións:

Airiños

Asociación Gallega de Transplantes

Agal

Asociación Galega de Lupus

Ferrol, 12 de xullo de 2019

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol