Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35508

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2019 de nomeamento de valedor do pobo da Comunidade Autónoma de Galicia.

En execución do acordo adoptado polo Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2019, e no exercicio das atribucións a min conferidas polo artigo 3.2 da Lei autonómica 6/1984, do 5 de xuño, con esta data e coa miña sinatura acredito o nomeamento de María Dolores Fernández Galiño como valedora do pobo, coas prerrogativas, atribucións, deberes e facultades derivadas da súa condición de alto comisionado do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia