Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO da orde de execución de limpeza de leiras, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción na Lei 9/2017, de medidas fiscales e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, da cal non constan datos dos seus titulares, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/08/2019 (314/2019)

Descoñecido

36036A015000960000QL

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 11 de xullo de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa