Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35518

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición da comisión de selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19.

A Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 26 de xuño de 2019, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19 (DOG do 10 de xullo), establece no seu artigo 12 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación. O presidente ou a presidenta deberá ser un subdirector xeral ou unha subdirectora xeral, ou un inspector ou unha inspectora de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 26 de xuño de 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19, que valorarán os méritos das persoas participantes.

Segundo. Facer pública a súa composición, que figura no anexo a esta resolución.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Comisión de selección das persoas candidatas aos premios

Titulares:

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogais:

– María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación.

– María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de educación.

– María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de educación.

Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

– José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.

– Patricia Elena Gens Autrán, inspectora de educación.

– María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.