Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Os Queimós, no concello de Guitiriz (expediente 01/2018 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT, CT e RBT Os Queimós, no concello de Guitiriz, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 18 de xullo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente 01/2018AT.

Denominación: LMT, CT e RBT Os Queimós.

Convocatoria do levantamento das actas previas: 12 de setembro no concello de Guitiriz.

Predio

Propietario

Pol.

Parc.

Data do acto

Hora

46

Herdeiros de Jesús García Díaz

111

260

12.9.2019

9.30