De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte modificación da encomenda coas seguintes características:
Resolución do 19 de xullo de 2019 da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se modifica a encomenda de prestacións de servizos á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (Seaga), para a retirada, esteladura ou empillamento e venda da madeira das árbores situadas no dominio público das marxes das estradas de titularidade autonómica de Galicia.
-Orzamento adicional: 1.645.217,84 €.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas