Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019362TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 27 de xuño de 2019, a Xefatura Territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2019362TA-PO contra a persoa titular do DNI 47381377C.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica á persoa titular do DNI 47381377C o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficicial del Estado (BOE).

Pontevedra, 16 de xullo de 2019

A xefa territorial de Pontevedra
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2019362TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 47381377C.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.u): Prohíbese fumar en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: Consideraranse infraccións leves: a) Fumar en lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).