Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 11 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Políticas Culturais, derivado do procedemento CT221C/2016, expediente número 83, en relación coa Orde do 5 de febreiro de 2016 das axudas para o libro galego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, notifícase que a Dirección Xeral de Políticas Culturais ditou o acto administrativo que a continuación se sinala:

Deriva Ediciones, NIF 506357449, procedemento CT221C/2016, expediente número 83. Acto administrativo: acordo de procedencia de reintegro de subvención do 22 de maio de 2019.

Para os efectos do previsto no artigo 82.1 da Lei 39/2015, de acordo co establecido no artigo 82.2 da dita lei, no prazo de quince días a contar a partir do día seguinte da notificación do presente acto, a editorial poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

A editorial ou o seu representante poderá solicitar, acreditando a súa identidade, unha copia do dito acto administrativo, comparecendo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo do Libro e Publicacións sito na Cidade de Cultura (Biblioteca de Galicia), Monte Gaiás en Santiago de Compostela, teléfono de contacto 981 54 58 04, no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio. Se transcorrido o dito prazo non comparecese, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Políticas Culturais