Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-656/2019-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-656/2019-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 17 de xullo de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-656/2019-PPM

76779437D

Inicio

Boiro de Abaixo, 8, Boiro

PSC-CO-660/2019-PPM

32787104Y

Inicio

San Vicente, 11, 2º D, A Coruña

PSC-CO-670/2019-TRA

52498886Y

Inicio

Concepción Arenal, 107, Marín

PSC-CO-673/2019-PPM

47367015X

Inicio

Avda. de los Caídos, 14, 4º esqda., A Coruña

PSC-CO-674/2019-PPM

46901717W

Inicio

R/ Andrés Pan Vieiro, 12, P 3 E, O Burgo, Culleredo

PSC-CO-677/2019-PPM

11445373K

Inicio

Panamá, 6, 4º B, Gijón

PSC-CO-678/2019-TRA

45663569J

Inicio

Marcelino González, 39, P 1, porta esqda., Basauri

PSC-CO-679/2019-PPM

53484319G

Inicio

Rego, 6, Santa Cruz, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-680/2019-PPM

47350223P

Inicio

R/ O Portiño, 21, A Coruña