Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de requirimento para a xestión da biomasa.

Orde de execución de limpeza de leiras, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

Intentadas as notificacións que constan no seguinte expediente, na forma prevista nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen que fose posible practicalas por causas non imputables a esta Administración e, en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal e no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción por Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria á conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/27/2019 (1081/2019)

Servando Fernández Álvarez

36036A17002340000QY

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 3 de xuño de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa