Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34948

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

EDICTO (7273/2019).

No presente órgano xudicial o avogado do Estado interpuxo recurso contencioso-administrativo, en nome e representación do Consello Superior de Investigacións Científicas, contra desestimación do requirimento formulado o 1 de marzo de 2019 á Xunta de Galicia polo CSIC do pagamento da factura número 060469 100013 pola cantidade de 1.500,60 euros incluído xuros por elaborar o Instituto de Investigación en Recursos Cinexéticos o informe sobre o Estudo da arcea (Scolopx Rusticola), monitorización das poboacións e contribución á elaboración dun plan de xestión nacional e internacional.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de data 18 de xuño de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza