Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 15 de xullo de 2019 pola que se notifica o trámite de audiencia previo á resolución de reintegro da subvención correspondente ao expediente do proxecto IN525A-2014/086, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación do trámite de audiencia previo á resolución de reintegro da subvención correspondente ao expediente do proxecto IN525A-2014/086 no último enderezo social coñecido da entidade Marine System Europa, S.L., notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Antes de proceder a ditar a citada resolución de reintegro da subvención e de acordo co establecido no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, concédeselle ao beneficiario da subvención un prazo de dez (10) días hábiles para alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes. Se antes do vencemento do prazo os interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións nin aportar novos documentos ou xustificacións terase por realizado o trámite.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/086.

Nome ou razón social: Marine System Europa, S.L.

CIF/NIF: B27416767.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto administrativo: trámite de audiencia previo á resolución de reintegro de subvención.