Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019141AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2019141AL-CO incoado a 76361498A.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 10 de xullo de 2019

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2019141AL-CO.

DNI/NIF/CIF: 76361498A.

Último enderezo coñecido: lugar da Balsa, s/n, Berdeogas, 15151 Dumbría.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.