Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación avícola para 78.628 polos de engorda na parroquia de Vilar, no concello de Silleda (Pontevedra) (clave 2017/0136).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental do 11 de xullo de 2019 formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, do proxecto de ampliación dunha explotación avícola para 78.628 polos de engorda na parroquia de Vilar, no concello de Silleda (Pontevedra) promovido por Granxa de Mouriño, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático