Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34631

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 3 de xuño de 2019 (DOG núm. 112, do 14 de xuño) as axudas enmarcadas no programa voluntariado sénior.

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2019/003

Concello de Castrelo de Miño

P3202300D

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/004

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

2019/009

Sociedade Recreativa San Xoán de Calo

G15069883

• Anexo I: subvención solicitada e cálculo do orzamento.

• Proxecto de actividade: cálculo do orzamento.

2019/013

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

• Anexo I: cálculo erróneo do orzamento e subvención solicitada incorrecta.

• Proxecto de actividades: cálculo erróneo do orzamento, incluír número de persoas beneficiarias.

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

2019/016

Acción Familiar Ferrol

G15745466

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/017

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

• Anexo I: número de persoas beneficiarias, cálculo dos datos das persoas voluntarias e dos gastos do programa.

• Programa: número de persoas beneficiarias, incluír no cálculo do orzamento os gastos de manutención e transporte que reciben as persoas voluntarias, rectificar a terminoloxía usada para referirse ao compromiso de colaboración no número 2.2 do programa.

• Rectificar no anexo I ou no programa a data de inicio do proxecto, xa que non coinciden.

2019/022

Grupo Compostela de Universidades

G15520307

• Anexo I: indicar a subvención solicitada.

2019/023

Concello de Santa Comba

P1507800I

• Anexo I: data de inicio do proxecto.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): incluír orzamento e número de persoas beneficiarias, revisar táboa cos días das persoas voluntarias.

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

2019/024

Escola de Tempo Libre Xaruma

G36817385

• Anexo I.

2019/026

Asociación Protectora de Animais do Camiño

G70459045

• Anexo I.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/027

Asociación Cultural Monte Branco

G15066384

• Anexo I: número de persoas beneficiarias (persoas beneficiarias das actividades do programa).

• Proxecto de actividades: número de persoas beneficiarias, orzamento e revisar textos (páxina 5).

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

2019/029

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/030

Concello de Ponteceso

P1506900H

• Anexo I: a data fin de proxecto e número de persoas beneficiarias non acorde co proxecto de actividades.

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

2019/031

Concello de Padrón

P1506600D

• Anexo I: en «Partes do orzamento» só referir a cantidade subvencionable (art. 6.4).

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

2019/032

Concello de Lalín

P3602400H

• Anexo I.

• Proxecto de actividades: corrixir datas, número de persoas beneficiarias, número de persoas voluntarias cos correspondentes días e horas, mención seguros.

• Acreditación fidedigna da persoas representante legal da entidade.

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Certificación de estar ao día das obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

2019/033

Concello da Veiga

P3208400F

• Anexo I: data fin de proxecto e número de persoas beneficiarias.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

2019/034

Asociación Protectora de Animais Bai.Senpulgas

G27805910

• Anexo I: subvención solicitada, cálculo orzamento, datas do proxecto e número de persoas beneficiarias.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

2019/035

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

• Anexo I: subvención solicitada e cálculo dos gastos do programa.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): estimación do número de persoas beneficiarias, orzamento desagregado, número de persoas voluntarias indicando horas, días e custo correspondente.

2019/036

Valoresc Innovation

G70377585

• Anexo I: datos das persoas voluntarias (cantidade total) e orzamento.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

• Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2019/037

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

• Anexo I: subvención solicitada.

• Proxecto de actividades: correccións redacción páxina 5 e perfil dos voluntarios.

2019/038

Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís

G15655285

• Anexo I.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

• Certificación de estar ao día das obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.