Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de obra de saneamento da Malata, Ferrol (A Coruña) (clave OH.315.1077).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9.

4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES111 Ferrol (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento da Malata. Ferrol (A Coruña).

Clave do expediente: OH.315.1077.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 5.880.165,29 euros. Importe total: 7.115.000,00 euros.

8. Valor estimado do contrato: 6.468.181,82 euros. Inclúe o referido importe do orzamento base de licitación sen IVE e o importe da eventual variación por exceso de medición a que se refire o artigo 242.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

9. Prazo de execución do contrato: dezaseis (16) meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acórdase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 21 %), plan de control de calidade da execución da obra e plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %)

11. Data da adxudicación do contrato: 18 de decembro de 2018.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 28.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 8.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 21 de febreiro de 2019.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou se for o caso, UTE: Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L. & Construcciones Cernadas, S.L. & José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A., Unión temporal de empresas Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2. Nome e enderezo da empresa.

14.2.1. Nome da empresa: Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.

14.2.2. NIF: B15618598.

14.2.3. Enderezo: avda de Razo, 22-baixo, baixo, 15100 Carballo (A Coruña).

14.2.4. Código NUTS: ES111.

14.2.5. Teléfono: 683 17 52 77.

14.2.6. Fax: 981 75 55 32.

14.2.7. Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com

14.2.8. Pequena ou mediana empresa: si.

14.3. Nome e enderezo da empresa.

14.3.1. Nome da empresa: Construcciones Cernadas, S.L.

14.3.2. NIF: B15081847.

14.3.3. Enderezo: Casais, 52, 15129 Vimianzo (A Coruña).

14.3.4. Código NUTS: ES111.

14.3.5. Teléfono: 679 17 42 37.

14.3.6. Fax: 981 71 62 61.

14.3.7. Correo electrónico: conscernadas@yahoo.es

14.3.8. Pequena ou mediana empresa: si.

14.4. Nome e enderezo da empresa.

14.4.1. Nome da empresa: José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.

14.4.2. NIF: A15013162.

14.4.3. Enderezo: avda. Primo de Rivera, 7, 1º esq., 15006 A Coruña.

14.4.4. Código NUTS: ES111.

14.4.5. Teléfono: 654 34 42 19.

14.4.6. Fax: 981 13 22 94.

14.4.7. Correo electrónico: josenomantinan@josenomantinan.es

14.4.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto 4.467.700,00 euros. Importe total: 5.405.917,00 euros.

16, Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6.2: o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia do ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos. Obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga. Actuación 6.2.1.1 (segundo o documento criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): saneamento e depuración para o cumprimento dos obxectivos da directiva marco da auga. Operación: mellora dos sistemas de saneamento na ría de Ferrol. Unha maneira de facer Europa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de xuño de 2018.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 20 de xuño de 2018.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 18 de decembro de 2018.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 4 de marzo de 2019.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia