Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xullo de 2019 polo que se notifican as resolucións do expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.A36.56738 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse aos titulares dos NIF/NIE definidos no anexo, as resolucións ditadas nos expedientes DH.A36.56738 e un máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das administración públicas, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.A36.56738

35942432X

11.3.2019

Desistencia

DH.B36.62713

76862969M

20.3.2019

Favorable