Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34484

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4120/2019).

O letrado da Administración de xustiza, Miguel Formoso Sobrado, da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que neste órgano xudicial se interpuxo recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 4120/2019, por instancia da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Balouta e Fontecova de Laíño e Dodro, contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 10 de abril de 2019, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro (A Coruña) para relocalizar o solo urbanizable industrial S-01.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 28 de xuño de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 8 de xullo de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza