Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34458

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2019, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Actividade. O obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a recompilación dos bens que, polo seu interese cultural, se recollan individualmente singularizados nos plans especiais e no planeamento sectorial, para a súa posterior incorporación ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución é de catro meses e comeza o 15 de agosto de 2019.

– Financiamento. Esta encomenda por importe de 49.663,31 € tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 11.30.433A.640.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2019

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural