Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 11 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da resolución do procedemento de dedución de haberes do 4 de decembro de 2018.

Intentouse a notificación da resolución do procedemento de dedución de haberes do 4 de decembro de 2018, ditada pola xefa territorial de Lugo, primeiro, no domicilio da persoa interesada e, logo, no seu centro de traballo, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada que se indica a continuación de que a xefa territorial ditou resolución no procedemento que se indica a seguir:

Persoa interesada: José Luis Mera Castro.

Procedemento: procedemento de dedución de haberes do 4 de decembro de 2018.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia desa resolución mediante comparecencia no prazo máximo de 10 días hábiles, de luns a venres (agás festivos), das 10.00 ás 13.00 horas, nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no Edificio Administrativo Multiúsos, na cidade de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo. O dito prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non comparecese, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución do procedemento, que non é definitiva na vía administrativa, a persoa interesada, no prazo dun mes, pode formular recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, consonte o artigo 121 da LPACAP. Os prazos citados comezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da antedita resolución.

Lugo, 11 de xullo de 2019

María Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo