De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de recursos da sección A, As Toxeiras 388, no concello de Vilar de Santos (Ourense), promovido por Áridos Jardón, S.L.
Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático