Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 182/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 182/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael García-Bodaño Pereira contra Porto Ronco, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 247/2019.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 182/2017, seguidos por instancia de Rafael García-Bodaño Pereira, asistido polo letrado Sr. D´Amorín Camba, contra Porto Ronco, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e contra o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Rafael García-Bodaño Pereira contra Porto Ronco, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada Porto Ronco, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 3.761,21 euros brutos en concepto de diferenzas salariais por razón da xornada realizada devindicadas desde xaneiro a abril de 2016 ambos os dous inclusive e salario do mes de maio de 2016, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Porto Ronco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza